ou sexa
un mar redondo
que alguén esqueceu
para nós
un mar redondo
que alguén esqueceu
para nós
ou sexa
que o único límite
é o naufraxio
que o único límite
é o naufraxio
ou sexa
o diluvio
o diluvio
RAFA VILLAR
A decepcionante sentenza do caso Prestige pouco máis ten que loubar que ser ditada en galego e aínda iso sinala a excepcionalidade de a nosa lingua ser usada na Xustiza.
Once anos da catástrofe. Un ano desde o comezo da fase de xuizo. O simbolismo de este comezar e rematar o mesmo día no que desde Muxía se avistou o barco en perigo para rematar establecendo que fomos quedando sós o mar e nós.
A sentenza exculpa de delito ecolóxico ás tres persoas imputadas e presentes no xuizo, Apostolos Mangouras, capitán do buque, López Sors, Director Xeral da Marina Mercante e ao xefe de máquinas. Curiosamente logo dun relato de feitos probados nos que se fala dunha xestión difusa e confusa do salvamento, na que se apunta á responsabilidade de cargos da Administración xerárquicamente superiores a López Sors, na que se obvia a propia declaración en xuizo de López Sors indicando que tomara a decisión de mandar ao buque ao quinto pino despois dun simple asesoramento telefónico apenas dúas horas despois de comezar a xestionar o salvamento, o tribunal escúdase na contradición entre as probas periciais para pechar en falso o xuizo máis importante por delito ecolóxico dos últimos anos.
As consecuencias inmediatas da absolución por delito ecolóxico son graves. Por unha banda mándase unha mensaxe de impunidade total para as empresas armadoras en relación co estado dos buques que fletan. O tribunal considera que nin o armador nin o capitán podían apreciar co seu coñecemento técnico-profesional as deficiencias do buque. A sentenza insiste na eventual responsabilidade exclusiva de ABS -a empresa encargada da inspección do buque- en relación co seu calamitoso estado do Prestige. A non imputabilidade de persoas xurídicas de acordo co Código Penal vixente en 2002 fai que no banco dos acusados non estea a única responsabel cara a que a sentenza parece apuntar con claridade que sería ABS, encargada de vixiar o mantemento. Hai que lembrar que a pretensión de perseguir a ABS ante os tribunais estadounidenses rematou nun ruinoso e carísimo fracaso.
Esta absolución obriga tamén a devolver os 22 millóns de euros que a aseguradora da armadora tiña consignados, e daba por perdidos, para pagar posibeis responsabilidades. Sae caro o conto porque todas as indemnizacións e a reparación do dano ambiental realizados no seu día van correr a cargo das arcas públicas. A sentenza peta na liña de flotación tamén da avogacía do estado e a fiscalía.
Por outra banda as partes persoadas que decidiran agardar para o cobro das indemnizacións, ao non aceptar a renuncia á exixir responsabilidades ás que obrigaba a norma aprobada polo goberno de Aznar, ven truncadas as súas posibilidades de resarcimento.
En relación coa responsabilidade dos cargos políticos a sentenza combina unha contraditoria insinuación de que faltan os verdadeiros responsabeis, nunha clara alusión a Álvarez Cascos, cuns fundamentos nos que a o tribunal vén dicir que non opta por dar maior valor a ningunha das valoracións técnicas posibeis (porto de refuxio si ou non; nese caso ¿que porto de refuxio?; resistencia do buque coas condicións de mar existentes...) absténdose de determinar se cabían outras opcións distintas ao errático rumbo ao que se obriga ao Prestige. Aválase tamén que a decisión adoptada foi técnicamente estudiada esquecendo a relevante manifestación do propio López Sors de que o propio día 13 logo dunha pequena conversa telefónica adopta esa decisión, por tanto, con precipitación e escaso apoio técnico. Non se entra a valorar o apartamento dos protocolos de emerxencia existentes. Frouxa fundamentación para tan graves imputacións. Incoherente relato para as insinuacións do propio órgano xudicial doutros responsabeis políticos de máis alta xerarquía.
Desconcerto, decepción, eran os termos cos que Pedro Trepat, avogado de Nunca Máis xunto con Alejandro Martín e Miguel Angel Fernández, calificaba a sentenza. Estafa, engadiríamos moitas. Queda o recordo dunha mobilización cidadá sen precedentes para exixirmos responsabilidades e a auto-organización para defender e limpar o noso mar cando quen tiña que facelo non o facía. Queda tamén o agradecemento ao labor inxente e totalmente desinteresado e altruista dos avogados de Nunca Máis sen os que López Sors nin sequera tería estado no banco dos acusados.
Notas de urxencia ao fío do escoitado no acto de lectura da sentenza do Prestige (13.11.2013)
SERMOS GALIZA

Sem comentários:
Enviar um comentário
O teu parecer