Os intentos de desaparición do galego da sinalización, a nosa paisaxe lingüística, non veñen de agora. Este ano facíase pública interesadamente unha sentenza antiga relacionada co Concello de Pontevedra e a polémica sobre o cambio da rotulación de AUDASA volve sobre o asunto. Vemos como pouco a pouco todos os elementos que dotan de visibilidade á nosa lingua son obxecto de ataques.
A solicitude do SNL de Ames hai un par de anos elaborara as notas que seguen precisamente ante a presión da policía municipal para cambiar a sinaléctica en galego coa desculpa de atallar posibeis recursos.
A sinalización pública de estradas, aeroportos,
estacións ferroviarias, de autobuses e marítimas e outros servizos de interese
xeral foi regulada inicialmente polo Real Decreto 334/1982, de 12 de febreiro, que establecía que naquelas
Comunidades Autónomas con lingua propia todas as instalacións competencia da Administración
do Estado, a lingua utilizada será o castelán e a lingua propia. Esta obriga
que se lle impuña tanto á Administración como aos concesionarios responsables,
curiosamente, "estará condicionada a que cada unha das comunidades
Autónomas ás que se refire a presente disposición dicte, no ámbito da súa
propia competencia, unha norma que determine a utilización do castelán en
idéntico senso". En definitiva establecía un principio de reciprocidade
que, no caso galego, non atoparía correlato nunha norma autonómica con idénticas previsións.
Porén, hai que entender que, logo da aprobación da Lei de
Normalización Lingüística en 1983, tanto polo seu rango de lei como por
cuestións competenciais xa que o TC ten sinalado reiteradamente que a lingua é
competencia autonómica e a lexislación lingüística autonómica se aplica a todas
as Administracións, deixaría sen efecto estas previsións. A Administración
Xeral do Estado tan só podería establecer as disposicións organizativas para
dar cumprimento ás previsións da Lei de Normalización Lingüística ou ben
doutras normas autonómicas que, no seu caso, estableceran previsións en materia
de sinalización e toponimia. De
feito entendemos que o Real Decreto
1465/1999, de 17 de septiembre, por el que se establecen criterios de imagen
institucional y se regula la producción documental y el material impreso de la
Administración General del Estado tería derrogado o RD de 1982 implícitamente
por ser contrarias as súas previsións a este RD posterior que vai esixir que nas Comunidades Autónomas
con lingua oficial propia as sinalizacións teñan que ser en todo caso bilingües
para os servizos dependentes da Administración Xeral do Estado.
Artículo
11 Carteles, rótulos y señalizaciones
1. Las
señalizaciones exteriores de identificación de las dependencias
administrativas, así como los carteles de carácter informativo o publicitario
destinados a su ubicación en vías públicas urbanas e interurbanas, se ajustarán
a lo que disponga al respecto el Manual de Imagen Institucional que se apruebe
en aplicación del presente Real Decreto.
2. En la
elaboración y colocación de los elementos a los que se refiere el apartado
anterior se tendrán en cuenta los siguientes criterios:
a) La
conservación de los elementos de interés histórico, artístico o cultural, así
como la conservación de aquellos soportes cuya modificación presente graves
dificultades de orden técnico o económico.
b) La
concordancia de los elementos con el entorno en el que estén situados.
c) El
aprovechamiento de los elementos existentes cuya adecuación a lo dispuesto en
el Manual de Imagen Institucional resulte posible.
d) En el ámbito territorial de las Comunidades
Autónomas con lengua cooficial, el cumplimiento de lo dispuesto en el artículo
6 de este Real Decreto[1].
Por outra banda o Estado ten
aproveitado a súa competencia en materia de tráfico para establecer no Texto
Articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade
vial aprobada por Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, no seu
art.56 que “as indicacións escritas dos sinais se expresarán cando menos no
idioma español oficial do Estado”. Este texto desenvólvese no Regulamento
Xeral de Circulación, RD 1428/2003, de 21 de decembro, (art.137) que fixa que
“as indicacións escritas que se inclúan ou acompañen aos paneis de sinalización
das vías públicas, e inscripcións, figurarán en idioma castelán e, ademais, na
lingua oficial da comunidade autónoma recoñecida no respectivo estatuto de
autonomía, cando o sinal esté ubicada no ámbito territorial desa comunidade. Os
núcleos de poboación e demáis topónimos serán designados na súa denominación
oficial e, cando fose necesario a efectos de identificación en castelán”.
A regulación do Texto Articulado, con rango de lei, pode considerarse que
entraría dentro das competencias estatais en materia de tráfico na que pode
entenderse comprendida a fixación das especificacións sobre a sinalización de
tráfico incluidos os aspectos que figuren por escrito nos sinais, todo iso
tendo en conta que eses sinais teñen unha regulación internacional na que o
contido gráfico ou visual é o principal sendo o texto escrito (ex.indicación
sobre horarios de determinadas prohibicións...) un aspecto secundario da
sinalización.
Porén, ao noso xuizo, o Regulamento excede claramente o seu ámbito de desenvolvemento por canto invade competencias claramente autonómicas de regulación da lingua sen, por outra banda, ter o amparo da lexislación do Estado e estando en clara contradición coa xurisprudencia constitucional en canto á reserva formal de lei para a lexislación básica. Así o Regulamento innova –non desenvolve- ao cambiar os sinais aos que se lle fixan especificacións en canto á lingua por canto o Texto Articulado da Lei sobre Tráfico -como tamén a Lei 18/1989, de 25 de xullo, de bases que habilitou ao goberno a elaborar o texto articulado- claramente regulan únicamente os sinais de circulación e non os “paneis de sinalización das vías públicas” se por iso se entende, como parece deducirse pola mención á toponimia, os sinais de localización xeográfica. Esta extralimitación no alcance do desenvolvemento propio dos regulamentos tamén invade competencias autonómicas, curiosamente non tocadas pola lei que o habilita, ao indicar que os paneis de sinalización das vías públicas deben estar na lingua propia. Esta previsión, respectuosa co uso das linguas propias, resulta lesiva da competencia autonómica de regulación do uso da lingua. Tamén, finalmente, a referencia á toponimia, abrindo a porta á fixación en castelán dos topónimos cando sexa preciso a efectos de identificación, invade claramente competencias autonómicas e mesmo entra en contradición coa lexislación galega.
Porén, ao noso xuizo, o Regulamento excede claramente o seu ámbito de desenvolvemento por canto invade competencias claramente autonómicas de regulación da lingua sen, por outra banda, ter o amparo da lexislación do Estado e estando en clara contradición coa xurisprudencia constitucional en canto á reserva formal de lei para a lexislación básica. Así o Regulamento innova –non desenvolve- ao cambiar os sinais aos que se lle fixan especificacións en canto á lingua por canto o Texto Articulado da Lei sobre Tráfico -como tamén a Lei 18/1989, de 25 de xullo, de bases que habilitou ao goberno a elaborar o texto articulado- claramente regulan únicamente os sinais de circulación e non os “paneis de sinalización das vías públicas” se por iso se entende, como parece deducirse pola mención á toponimia, os sinais de localización xeográfica. Esta extralimitación no alcance do desenvolvemento propio dos regulamentos tamén invade competencias autonómicas, curiosamente non tocadas pola lei que o habilita, ao indicar que os paneis de sinalización das vías públicas deben estar na lingua propia. Esta previsión, respectuosa co uso das linguas propias, resulta lesiva da competencia autonómica de regulación do uso da lingua. Tamén, finalmente, a referencia á toponimia, abrindo a porta á fixación en castelán dos topónimos cando sexa preciso a efectos de identificación, invade claramente competencias autonómicas e mesmo entra en contradición coa lexislación galega.
Estas previsións da normativa de tráfico teñen sido utilizadas ultimamente como
unha vía para intentar eludir o pago de sancións pola sinalización só na lingua
propia (ex. Agás carga e descarga de 14 h. a 16 h.). Parece difilmente
sostible que o incumprimento da sinalización cando menos en castelán dos sinais
de tráfico poida provocar a nulidade dunha sanción xa que os sinais teñen unha
dimensión internacional e gráfica coa finalidade de que cumplan a súa función
informativa mediante a harmonización dos aspectos gráficos e de cores nos que o
texto escrito habitualmente non está presente ou ten unha función secundaria.
De aceptarse unha interpretación no sentido de que o descoñecemento dunha
lingua oficial permite eludir o cumprimento normativo poderíamos chegar ao absurdo
de que os cidadáns extranxeiros foran impunes ou que a vella máxima de que “a
ignorancia da lei non exime do seu incumprimento“ resultara inválida cando
median cuestións lingüísticas ligadas, non o esquezamos, ao uso da linguas
oficiais.
Serán bilingües,
redactándose en castellano y en la lengua cooficial correspondiente, las señalizaciones
exteriores de identificación de las dependencias administrativas, así como los
contenidos más relevantes de los carteles de carácter informativo o publicitario
que se elaboren para su ubicación en el ámbito territorial de una Comunidad Autónoma
con lengua cooficial. El Manual de Imagen Institucional que se apruebe en
aplicación de este Real Decreto determinará los supuestos y los formatos de las
señalizaciones de identificación y carteles a que se refiere el presente artículo.
Sem comentários:
Enviar um comentário
O teu parecer